You are using an outdated browser. For a faster, safer browsing experience, upgrade for free today.

Club

AVISO IMPORTANTE ANTE EL POSIBLE RETORNO A LA ACTIVIDAD

Comparte

Imagen principal noticia

Estimados clientes.

Espero que todos vos atopedes ben.

Este é un ano especial e moi complicado pola situación creada polo COVID, ben o sabedes todos.

Por ese motivo, en Deportes San Remo estamos preocupados por como poderemos todos, desenrolar esta tempada da mellor forma posible.

A sabendas dos problemas que xa tedes que asumir no día a día nos vosos respectivos equipos e asociacións, tentaremos por tódolos medios axudar no que sexa posible.

Mais tamén é un problema grande para nos, e por iso queremos facervos partícipes para tentar entre todos entender o que vai ser esta tempada a nivel suministro.

En primeiro lugar está a incerteza de saber si as actividades e competicións se poderán levar a cabo con certa normalidade e a incerteza de saber se se volverá a producir un parón. Tede en conta que os meses que permanecemos pechados (no caso dos colectivos aínda estamos a un 5 %), as empresas sufrimos un parón económico grave, cunha merma importante da tesourería. Con esto e non saber que pasará nos vindeiros meses, teremos que ser todos conscientes que o suministro de material sufrirá cambios na presente tempada, xa que será preciso traballar con stocks a través do provedor o que nos suporá facer pedidos, se todo vai ben, a diario, ante a inviabilidade de ter unha gran carga de material nos nosos almacéns, como é costume.

Tamén debemos ter en conta, que o parón vai significar que unha vez se inicie a actividade, probablemente, se produza unha concentración do traballo, nun período moi curto e máis tendo en conta que teremos que seguir aplicando medidas de seguridade e hixiene. Esto afectará a nosa actividade, así como a de provedores, serigrafías e bordadores, e o propio transporte. Temos lanzado un sistema informatizado de CITA PREVIA para que os asociados, soliciten a súa cita para evitar colas e masificacións. Funcionará en dous apartados : PROBAR e RECOLLIDA DE RESERVAS.

Unha vez lanzado o sistema teremos que facer conscientes tanto a xogadores como titores da necesidade de usar este sistema para poder ser atendidos, así como solicitar a súa colabora e comprensión para tentar manter toda a seguridade que sexa posible.

Finalmente, é posible, que se requira dun sistema de prioridades para o servizo do material que precisará da paciencia de todos, tendo claro que o primeiro será a roupa oficial de xogo ou calquera material de exixencia polas federacións , logo material de adestramento e finalmente o material de paseo/viaxe. Así como nas personalizacións no caso dos nomes, proceso que retrasaría máis as entregas. Será importante concienciar e apelar a calma da xente ante esta nova situación polos prazos de entrega que se poidan producir.

Esperamos  o voso entendemento e colaboración, e se tedes algunha suxerencia nola fagades chegar.

Ogallá o antes posible poidamos volver a prestar os servizos con normalidade.

Grazas pola vosa atención

 

Ricardo Pallas

Deportes San Remo

 

SOLICITUDE DE CITA PREVIA (PROBAR OU RECOLLER PEDIDOS)

A TRAVÉS DE:

https://bit.ly/reservas-san-remo

https://www.facebook.com/deportessanremo

https://www.facebook.com/sanremocoruna

Pasos a seguir:

1.- Prema no enlace directo ou a través do botón de cita previa en facebook ou ficha de google.

2.- Prema na pestaña segundo o servizo que precise

3.- Seleccione data e hora

4.- Prema RESERVAR COMO INVITADO   (forma + fácil) (se preme en timify ou facebook precisará rexistrarse)                                                

5.- Cubra os seus datos e prema GUARDAR

¡FEITO! Recibirá unha confirmación e poderá añadilo ós calendarios máis comúns

RÓGASE PUNTUALIDADE E CANCELAR CITAS SE NON SE POIDERA ASISTIR E EVITE CHAMAR POR TELÉFONO NA MEDIDA DO POSIBLE POLO PROBABLE COLAPSO DAS LINEAS

 

PROTOCOLOS SEGURIDAD COVID COLECTIVOS 2020 EN DEPORTES SAN REMO

USO OBRIGATORIO DE MASCARILLA

HIXIENIZAR AS MANS NA ENTRADA

AFORO LIMITADO

1 PERSOA POR PROBADOR, PEDIR ACCESO OS DEPENDENTES

AXILIZAR AS SÚAS COMPRAS O ANTES QUE SEXA POSIBLE

ASISTIR ÁS TENDAS AS MENOS PERSOAS POSIBLE


Noticias relacionadas
Sin Comentarios

Inicia sesion


Volver Noticiero

Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de Configurar cookies.

Aceptar todas